O vindeiro 20 de setembro, Gondomar será escenario dunha das actividades do ciclo “Os Ceos de Galicia Suroeste”, unha iniciativa que busca achegar á cidadanía á observación do ceo nocturno e promover o astroturismo como novo recurso turístico no territorio.

Esta acción forma parte dun ciclo de 14 actividades gratuítas, que se desenvolverán nos meses de setembro e outubro nos 14 municipios pertencentes ao xeodestino Galicia Suroeste, entre os que se atopa Gondomar, e que permitirán ás persoas participantes iniciarse na observación astronómica, guiadas por profesionais certificadas pola Fundación Starlight.

As prazas serán limitadas, polo que será necesaria inscrición previa a través da web oficial da entidade: www.galiciasuroeste.gal, dispoñible a partir do venres 29 de agosto.

A actividade en Gondomar será unha oportunidade única para gozar das estrelas, coñecer o patrimonio celeste e descubrir unha nova forma de turismo, integrando natureza, ciencia e cultura.

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »