O vindeiro 16 de agosto, ás 22:30 horas, a Praza Paradela de Gondomar será escenario dunha emotiva homenaxe a un dos grandes referentes da música en España: Juan Pardo.

O concerto “Xuntos pola Música” é unha proposta musical creada e dirixida por Antonio Barros, recoñecido cantante que estará á fronte desta cita tan especial. Sobre o escenario, contará coa colaboración de Lys Pardo, filla de Juan Pardo, para ofrecer xuntos un percorrido pola traxectoria do artista galego, interpretando os seus grandes éxitos e recuperando momentos inesquecibles da súa carreira.

Este evento forma parte da programación cultural de verán organizada polo Concello de Gondomar e, neste caso, coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Promete ser unha noite máxica, con sorpresas e emocións, na que a música e o recordo se mesturarán para crear unha experiencia que non deixará indiferente a ninguén.

 

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »