NOVA PRAZA DE ROSALÍA DE CASTRO
A praza concibiuse dende o principio como un espazo aberto e participativo, no que as persoas que a visiten poderán gozar non só visualmente dun espazo amable, senón que tamén poderán interactuar con el, tocalo e incluso cheiralo.
A praza estrutúrase en tres zonas diferenciadas. Na primeira o protagonismo o adquiren os versos de Rosalía na súa vertente de poeta, a segunda na súa faceta de pensadora feminista e muller reivindicativa dos dereitos das mulleres, e a terceira dedicada a gastronomía e o recetario de cociña tradicional galega presente en moitas das súas obras.
Así, todas as especies de árbores, plantas e flores que poderemos atopar en calquera recuncho da praza aparecen citadas dunha ou doutra forma en moitas das obras da escritora de Compostelá.
Toda esta información estará accesible a través dun código QR que os visitantes poderán atopar nos paneis informativos instalados e que os conducirán á páxina web do Concello onde disporán de toda a información precisa.
Deste xeito este novo espazo de convivencia en Gondomar, será tamén un aula aberta para o coñecemento.
Esta intervención enmarcase dentro do programa REAPCON da Deputación de Pontevedra cunha inversión de máis de 850.000 euros.
A redacción do proxecto tamén foi financiada pola Deputación cun orzamento de 18.053,20 euros.
O HERBARIO DE ROSALÍA
O Herbario de Rosalía é un espazo no que as prantas, as árbores e as herbas, levanos por un percorrido sensorial pola obra da poeta galega máis importante da historia. Enmarcase dentro da nova praza que adicada a Rosalía foi totalmente transformada, converténdose nun espazo de encontro, e tamén nun espazo educativo.