Search

MÁIS DE 6.000 VIVENDAS DE GONDOMAR XA DISPOÑEN DAS NOVAS PLACAS IDENTIFICATIVAS

Instaláronse un total de 6.100 placas cun novo deseño uniforme en todas as vivendas e inmobles do municipio, indicando a rúa, barrio e parroquia á que pertenecen, e a numeración correspondente, a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra.

 

O proceso para identificar as vivendas e inmobles de Gondomar, chegou  a súa última fase.

 

Tras un arduo traballo de identificación de todas as vivendas a través dun estudo que correxiu aquelas numeracións incorrectas, e en algúns casos incluso duplicadas, iniciouse o pasado mes de xuño a colocación de forma gratuita de 6.100 placas identificativas.

 

En palabras do Alcalde Paco Ferreira “esta iniciativa tivo como obxectivo principal facilitar a correcta identificación de todos os inmobles para os servizos de notificación, reparto, servicios de ambulancias e emerxencias ou taxis, que deste xeito poderán localizar calquera vivienda sen dificultade, sendo así tamen unha axuda para a actividade económica da vila xa que calquera negocio ou comercio que precise enviar un pedido a un cliente, non terá problemas a hora de identificar o destino, algo que viña sucedendo con moita frecuencia”.

 

Ademáis o rexedor quiso destacar que “ao unificar a estética das placas, cun deseño atractivo e moi visible, seguimos dando pasos para que Gondomar sexa cada día unha vila máis amable e atractiva, tanto para os que residen nela como para quenes nos visitan”

 

Asimesmo este traballo permitiu a actualización de toda a cartografía municipal, que estará dispoñible a través da páxina web do concello e no que están identificadas cada unha das vivendas e parcelas do municipio, a través dunha plataforma GIS, e tamén permitrá a actualización dos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

 

Paralelamente o Concello está actualmente a traballar  na actualización do inventario municipal de bens e camiños, que será dixitalizado e posto a disposición tamén na web municipal.

 

Nas próximas semanas comezará a instalación de novas placas cos nomes de todas as rúas de Gondomar, cun deseño unificado e coa utilización de materiais moi respectuosos cos inmobles con valor histórico e arquitectónico, e que sen dúbida “mellorarán a estética da vila e axudarán a cantos nos visten a identificar correctamente as nosas rúas” indicou o alcalde.

 

Por último todas ás rúas e camiños identificados serán etiquetados coa su numeración correspondente na plataforma de Google e deste xeito se poderá localizar correctamente calquera vivenda de Gondomar de xeito inmediato, o que faciltará moito o traballo dos servizos postais, de notificación, de reparto, de transporte ou de emerxencias

Novas

Axenda

No event found!