O Concello de Gondomar recupera con ilusión o Memorial Secundino Pérez Sanromán

Logo de varios anos sen celebrarse, o Concello de Gondomar aposta forte por recuperar unha das homenaxes máis queridas á nosa música tradicional,  o VIII Memorial Secundino Pérez Sanromán, en lembranza do inesquecible mestre gaiteiro de Chandebrito.

O vindeiro 3 de maio ás 19:00 h no Auditorio Lois Tobío, a vila volverá vibrar coa gaita grazas á participación de grupos que representan o espírito e o legado de Secundino:

  • Aire de Santes da AAVV Galiñeiro de Vincios.
  • A Merced de Chaín.
  • Ecos e Agarimos de Peitieiros.
  • BVM Ex alumnos de Secundino.
  • Ardelume de Baiña.
  • Novos aires de Couso.

Desde o Concello queremos revitalizar este memorial e darlle a continuidade que merece, non só como homenaxe persoal, senón como símbolo do compromiso coa cultura e as nosas raíces musicais

Contamos con vós para facer desta unha tarde inesquecible de música, emoción e lembranza.

Non faltes!

 

Novas

Pasacalles de Papá Noel en Gondomar

O sábado 13 de decembro terá lugar o pasacalles de Papá Noel, con saída ás 17:00 h desde o Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda

Certame de Nadal de Corais

O vindeiro 14 de decembro, ás 19:00 horas, teremos en Gondomar unha tarde dedicada á música no Auditorio Lois Tobío co Certame de Nadal de

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

Certame de Nadal de Corais

O vindeiro 14 de decembro, ás 19:00 horas, teremos en Gondomar unha tarde dedicada á música no Auditorio Lois Tobío co Certame de Nadal de

Leer más »