Search

Música para loitar contra o bullying

Anxo Sotelo e o grupo 42ºNotre presentan “Xeración Alpha”. Tratase do seu primeiro single, unha canción composta por Anxo Sotelo, de 11 anos, en colaboración co productor P Leyenda, grabada e mesturada por Juaqui Fuentes nos estudos Carpitería Rec en Priegue (Nigrán). A canción fala sobre o bullying e a problemática persoal que acarrexa, presentando unha actitude de denuncia e comunidade fronte a el.

Rock, Punk, Hip Hop e Pop se mesturan nun tema explosivo e pegadizo cunha mensaxe mais necesaria que nunca. Anxo xunto aos seus compañeiros de 42ºNorte, Martina, Lucca e Mencía poñen voz a toda unha xeración que está disposta a romper as regras do acosos escolar e o silencio cómplice dunha vez por todas.

 

O estreno do single  cuxo videoclip  foi realizado por Samaín Producións e grabado no IES AUGA DA LAXE de Gondomar, será o próximo 2 de maio con motivo do Día Internacional contra o Acoso Escolar e os colexios e institutos da zona se están sumando para retransmitilo desde os seus centros de maneira simultanea ás 12:00h.

O audio da canción estará dispoñible en todas as plataformas dixitais.

Novas

Axenda

No event found!