O alcalde Paco Ferreira asinou onte cos representantes das ANPAS dos centros de ensino público de Gondomar subvencións por un importe total de 8.600 euros, como axuda para o desenvolvemento das súas actividades.
Paco Ferreira sinalou que “as asociacións de nais e pais son unha pata moi importante da comunidade educativa, e polo tanto seguiremos apoiando a sua actividade e as suas iniciativas”