O Concello de Gondomar presentou hoxe a sua programación “GONDOCULTURA VERÁN 2023

Durante os meses de xullo, agosto e setembro, o Concello de Gondomar ten programadas actividades para todos os públicos. Así as rúas de Gondomar, encheranse de música, cine ao aire libre, baile, danza e actividades lúdicas pensadas para todos os públicos, con especial atención ao público infantil e familiar.

A Gondomar volverán a chegar un ano máis dous festivais que son xa unha tradición, o Festival de Danza ABANEA e o Festival de CIRCO. Pero ademáis e como novidade contaremos este verán, no mes de setembro, cun gran festival de música independente, o SEASON FEST que recalará en Gondomar por primeira vez.

Outra das novidades será o “Rilla na Rúa – Edición Novecento”, un festival gastronómico e musical que fará parada por primeira vez na nosa vila, e que servirá como homenaxe ao mítico local de ocio que tanto éxito tivo fai algunhas décadas.

Este verán Gondomar recupera ademáis unha das suas tradición estivais, o cine ao aire libre, coa proxección de tres exitosos títulos de cine infantil e familiar.

Outra das novidades máis significativas é a AQUAPARTY GONDOMAR, unha festa infantil con todo tipo de atraccións acuáticas así como unha festa da escuma.

Tamén haberá contacontos infantís, teatro, concertos de música coral e o festival das escolas de danza que terá lugar con motivo da celebración do Día de Galicia.

A música e as danzas tradicionais tamen teñen un esapazo reservado nesta programación a través do Festival Internacional de Folk e Danza no mes de xullo ou xa no mes de setembro a segunda edición do Festival Internacional Miñor Sons.

 

O alcalde Paco Ferreira destacou que “Gondomar, é e seguirá sendo un referente cultural de primeiro nivel, e esta programación é unha mostra do noso compromiso coa cultura” ademáis o rexedor local destacou que “fixemos unha programación cunha oferta moi variada, dirixida a todo tipo de púbico e no que teñene cabida todas as disciplinas, e con especial atención ao público infantil e familiar, xa que na tempada estival debemos dar resposta tamén as necesidades lúdicas das nenas e nenos que se atopan en periodo vacacional”. O alcalde tamen quixo poñer en valor que “os distintos festivais que van ter lugar na nosa vila, son dun nivel altísimo e por tanto serán sen dúbida un gran reclamo turístico para a hostalería e o comercio da nosa vila”

Novas

MERCADO DE NADAL EN GONDOMAR

Un ano máis, O Concello de Gondomar organiza o Mercado de Nadal os días 7 e 8 de decembro na Praza Paradela  Para solicitar a

Axenda

No event found!