GONDOMAR PRESENTA UN ENTROIDO CUNHA SEMANA CHEA DE ACTIVIDADES PARA TODAS AS IDADES

O alcalde Paco Ferreira acompañado da concelleira de Turismo e Comercio, Rocío Goberna e de representantes das comparsas de Gondomar, presentaron esta tarde o programa de actividades que o Concello de Gondomar ten preparado para o entroido deste ano.

As actividades darán comezo o mércores 7 de febreiro a partir das 19:00h. no Auditorio Municipal Lois Tobío coa representación a cargo da Banda Infantil e Xuvenil da Escola de Música de Vincios que acompañados por alumnos, alumnas e profesores do Conservatorio de Música Municipal de Gondomar representarán o musical “Grease”. A entrada será libre ata completar aforo.

O venres día 9 será o turno do xa tradicional Entroido Escolar, onde o alumnado e o profesorado dos centros educativos de Gondomar lucirán disfraces e coreografías preparadas para a ocasión. A saída terá lugar dende o Pavillón Municipal de Deportes Bernabé Costas, facendo un percorrido polas rúas do centro da vila e con chegada á Praza Paradela

Ao día seguinte, o sábado 10 de febreiro será o turno para os máis pequenos da casa, xa que a partir das 16:30h. na Praza Rosalía de Castro haberá un obradoiro de maquillaxe e atrezo de entroido para que as nenas e nenos que se acheguen poidan disfrazarse dos seus personaxes favoritos.

O domingo é sen dúbida o día grande do entroido en Gondomar. O desfile de comparsas da vila condal é sen dúbida un dos máis importantes da comarca. Este ano serán 17 as agrupacións que desfilarán desde o a rúa Eduardo Iglesias para rematar na praza Paradela, enchendo a vila de cor, música, baile e moita diversión e retranca.

Despois dun merecido día de descanso, a festa volve o martes 13 de febreiro co Desfile Infantil de Entroido, no que as nenas e nenos de Gondomar e todos aqueles que queiran pasar unha tarde de diversión, ensinarannos os seus mellores difraces. Será na Praza de Rosalía de Castro a partir das 16:30h.

O mércores 14 será o día de despedir este entroido co tradicional “Enterro da Sardiña que terá lugar ás 19:00h. con saida dende a Praza Rosalía de Castro, para en comitiva, proceder a inhumación ou indulto da sardiña na Praza Paradela.

Na presentación deste programa de actividades o alcalde Paco Ferreira destacou “o esforzo tanto económico como loxístico que se fai desde o Concello para que cada ano, e sobre todo no día do desfile de comparsas, sexan miles as persoas que se achegan a nosa vila para gozar co noso Entroido”

O rexedor quixo aproveitar para “invitar a cantos queiran vivir o entroido, a que se acheguen a calquera das actividades programadas ou que simplemente veñan a dar un paseo pola nosa vila aproveitando estes días de festa”

 

Novas

GALICIA SABE AMAR

Galicia Sabe Amar é unha campaña para animar á cidadanía  a consumir  produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor

Axenda

No event found!
Load More
Comercio

GALICIA SABE AMAR

Galicia Sabe Amar é unha campaña para animar á cidadanía  a consumir  produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor

Leer más »