Search

SEMINARIOS DA AULA DE MAIORES DA UNIVERSIDADE DE VIGO EN GONDOMAR

O Concello de Gondomar e a Universidade de Vigo, dentro da súa aula para maiores de 55 anos, organizan durante este mes de novembro tres interesantes seminarios gratuitos.

O primeiro deles terá lugar os días 7 e 8 de novembro, e baixo o titulo “Arte e Historia” será impartido por Elisa Pereira García profesora da Universidade de Vigo, e tratará diferentes aspectos do patimonio histórico do concello de Gondomar,  a primera xornada de manera teórica e a segunda práctica cunha visita a diferentes lugares da nosa vila cun alto valor patrimonial e histórico.

Os días 9 e 10 de novembro e co titulo “Saúde e Benestar” a profesora titular da Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte da Universidade de Vigo Águeda Gutierrez e Raúl Sánchez, licenciado en ciencias da actividade física e posgrado en exercicio preventivo en pacientes con patoloxías crónicas, iniciarán este segundo seminario cunha xornada teórica titulada “contorna natural, alimentación e saúde” na que darán diferentes consellos e pautas para levar unha vida máis saúdable. Na segunda xornada os participantes levarán a cabo unha ruta cardio-saúdable polo entorno do río.

O terceiro seminario, os días 14 e 15 de novembro, denominado “factura e aforro no subministro eléctrico”, correrá a cargo de Jose Antonio Alonso Rodríguez, profesor titular na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo e nela analizaránse diferentes aspectos do mercado eléctrico, así como a correcta interpretación das facturas. Na segunda xornada os parcipantes poderán analizar de forma práctica os seus propios contratos e facturas do subministro eléctrico.

 

Os seminarios son totalmente gratuitos.

Os seminarios 1 e 2 terán lugar no Centro Neural (Policia Local) e o 3 no hall do Auditorio Municipal Lois Tobío.

 

Inscricións:

Por correo a [email protected]

Por teléfono: 986360125

 

 

 

Novas

Gondo Danza – 14 setembro

Lembrade que o sábado 14 de setembro  Gondo Danza, festival de disciplinas de baile. Será a partir das 17:00h na área deportiva de As Cercas

“Karaoke Clandestino”

Este  venres 13 de setembro ás 22:00h, e despois do exito da primeira edición, chega outra vez o “Karaoke Clandestino”. Ven a cantar as túas

Axenda

No event found!
Cultura

Gondo Danza – 14 setembro

Lembrade que o sábado 14 de setembro  Gondo Danza, festival de disciplinas de baile. Será a partir das 17:00h na área deportiva de As Cercas

Leer más »
Cultura

“Karaoke Clandestino”

Este  venres 13 de setembro ás 22:00h, e despois do exito da primeira edición, chega outra vez o “Karaoke Clandestino”. Ven a cantar as túas

Leer más »