Servizo préstamos de biotrituradoras
Benvidas e benvidos ao servizo de préstamo de biotrituradoras que o Concello de Gondomar ten a disposición da súa veciñanza, que ten como finalidade fomentar a correcta xestión dos residuos de orixe vexetal, xerados no ámbito doméstico.
Como funciona?
Os servizo está composto por 4 biotrituradoras eléctricas e 3 biotrituradoras de gasolina.
Poderán solicitar este servizo as persoas maiores de idade, empadroadas con domicilio en Gondomar e dadas de alta neste servizo.
O servizo de préstamo terá unha duración máxima de 5 días e esta irá por estrito orde de entrada de solicitudes por rexistro.
A persoa solicitante, ou representante de ser o caso, será a encargada de recoller e devolver a maquinaria no lugar que lle será indicado.
Que podo triturar?
Con elas poderá triturar os restos leñosos procedentes de podas domiciliarias: ramas de árbores froiteiras, viñas, árbores e arbustos ornamentais e restos de xardinería.
Como solicito o servizo?
Poderá facer a súa solicitude de dúas maneiras:
PRESENCIALMENTE
no rexistro do concello cubrindo os seguintes documentos:
POR INTERNET
con certificado electrónico
Achegando copia dos documentos de ALTA e SOLICITUDE cubertos na sede electrónica do Concello.
Que podo facer co triturado?
O material resultante é un estruturante ideal para o seu composteiro; mesturando con restos orgánicos da cociña. Tamén, pode empregalo como acolchado para protexer as raíces ou como decoración no seu xardín.
Como funcionan as máquinas?
Para coñecer as características e o funcionamento de cada unha delas pode consultar os seguintes titoriais.
Para máis información pode consultar a ordenanza aquí