O Concello de Gondomar dá a benvida ao outono cunha nova programación teatral que encherá o Auditorio Lois Tobío de vida, humor, maxia e reflexión. Ao longo dos vindeiros meses, o escenario acollerá tres propostas escénicas que prometen conquistar a todo tipo de público.
A primeira cita será o 12 de outubro coa obra “Neura”, unha proposta que mergulla ao espectador nun universo cheo de ironía e retranca, abordando os pequenos dilemas cotiáns con moito humor.
O 26 de outubro será a quenda de “Máxico Deluxe”, un espectáculo familiar pensado para que grandes e pequenos compartan unha experiencia chea de ilusións, sorpresas e sorrisos.
E por último, o 23 de novembro volverá ao noso escenario “Iribarne”, unha obra que, tras o seu gran éxito o ano pasado e a demanda do público, repite función en Gondomar. Unha oportunidade perfecta para quen non puido vela ou para quen desexe revivila.
Todas as funcións serán ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío, e dende o Concello animamos a toda a veciñanza a participar desta aposta pola cultura e o teatro, un espazo de encontro e entretemento para todos os públicos.
As entradas xa dispoñibles na TAQUILLA DO CONCELLO