Desde o 12 e ata o 26 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para o XIII Campus Solidario Multideporte de Semana Santa, organizado polo Concello de Gondomar, que se celebrará os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril.

Neste campus, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, as e os participantes poderán practicar diferentes disciplinas deportivas como atletismo, tenis, tenis de mesa, fútbol sala ou baloncesto, en horario de 10:00h a 14:00h.

 

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, sinalou que este campus “é unha iniciativa que permite ás nenas e nenos aproveitar os días de vacacións de Semana Santa practicando deporte, compartindo tempo con outras e outros compañeiros e descubrindo diferentes disciplinas deportivas”, ao tempo que destacou “o valor solidario desta actividade e a importancia da colaboración dos clubs deportivos do municipio, que cada ano contribúen con monitoras e monitores para que o campus siga medrando e consolidándose como unha cita habitual destas datas”.

 

As inscricións poderanse realizar no Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda, en horario de 17:30h a 20:00h, de maneira presencial entregando os dous anexos correspondentes, ou ben enviando eses anexos ao correo electrónico deportes@concellodegondomar.gal.

DOCUMENTACIÓN INSCRICIÓNS:

 

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono608 748 393.

Ademais, ao tratarse dun campus solidario, solicitarase ás persoas participantes a achega de 2 kg de alimentos non perecedoiros.

 

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »