O Concello de Gondomar organiza un ano máis o seu Certame de Rondallas de Reis, que este ano celebrará a sua corenta e unha edición.
Este ano serán catorce as rondallas que participarán neste certame, que é unha das citas máis destacadas da programación do Gondonadal e que servirá de colofón a un nadal cheo de actividades en Gondomar.
As rondallas comezarán o seu percorrido dende a rúa Eduardo Iglesias, e na confluencia coa rúa Ángel Urzaiz produciráse un dos momentos máis característicos e singulares deste certame, que é o cruce de bandeiras entre a rondalla que se dirixe cara a Praza Paradela e a que regresa tras ser recibida polo goberno local e autoridades.
O Certame de Rondallas de Reis de Gondomar é o único desta envergadura de cantos se celebran na provincia que continúa coa tradición de facerse ao aire libre, ademáis de ser o máis lonxevo de Galicia que somentes veu interrumpida a sua celebración en duas ocasións, pola guerra civil e pola pandemia.
PERCORRIDO
Saída: Rúa Eduardo Iglesias
Cruce de Bandeiras: Confluencia das rúas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz.
Actuación é recepción das autoridades: Praza Paradela
HORARIO DE SAÍDA DAS RONDALLAS
MAÑÁ
10:30 h. – ACVR SAN MAMEDE ZAMÁNS
11:00 h. – AC de PONTELLAS
11:30 h. – AVV GALIÑEIRO VINCIOS
12:00 h. – ACC A MERCED CHAÍN
12:30 h. – ASCDR HELIOS BEMBRIVE
13:00 h. – ACRC TORROSO
13:30 H. – CCD SANTA EULALIA MOS
14:00 h. – AC PEÑA FREIXO
TARDE
16:00 h. – ACS HERVILLE
16:30 h. – AR O MOSTEIRO PEXEGUEIRO
17:00 h. – CCR PARADA DO MIÑOR
17:30 h. – ACVC VALLADARES
18:00 H. – CSCR BEADE
18:30 h. – ARC SANTIAGUIÑO GUIZÁN