O Concello de Gondomar informa da apertura do prazo de presentación de solicitudes de autorización para a instalación de atraccións con motivo da celebración das Festas Patronais de San Bieito 2026

Esta convocatoria ten por obxecto regular a ocupación temporal dun espazo público, que será determinado polo Concello, destinado á instalación de atraccións e actividades recreativas durante o desenvolvemento das festas.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación deste anuncio e rematará o 18 de maio de 2026, incluído.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, acompañada da documentación requirida, segundo o disposto nas Bases Específicas da Convocatoria.

As solicitudes deberán formalizarse mediante a presentación do Anexo I (solicitude) e do Anexo II (declaración responsable), debidamente cubertos e asinados, presentándose un exemplar por cada atracción solicitada.

DOCUMENTACIÓN:

BASES

ANEXO I

ANEXO II

Novas

Samaín no Comercio Local

Dende o Departamento de Comercio do Concello de Gondomar, animamos os establecementos do pequeno comercio local a decorar os seus locais con motivo da celebración

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Comercio

Samaín no Comercio Local

Dende o Departamento de Comercio do Concello de Gondomar, animamos os establecementos do pequeno comercio local a decorar os seus locais con motivo da celebración

Leer más »