Con motivo da elaboración das tradicionais Alfombras Florais do Corpus Christi, o Concello de Gondomar activará un dispositivo especial de tráfico que afectará a varias rúas do centro urbano.

CONSULTA AQUÍ AS ZONAS DE ELABORACIÓN DE ALFOMBRAS

Dende o sábado 6 de xuño ás 15:30 h

 Ata o domingo 7 de xuño, ás 16:00h unha vez finalicen os traballos de limpeza

 

Durante este período, permanecerán pechadas ao tráfico as seguintes rúas, tanto por seguridade coma pola realización das alfombras:

  • Rúa San Bieito
  • Rúa Eduardo Iglesias (desde Xuntos)
  • Rúa Ángel Urzáiz
  •  Praza Paradela
  • Rúa Párroco Mariño
  • Rúa Manuel Losada
  • Rúa Párroco Carlos Fernández (subida á igrexa)

VER PLANO AQUÍ

Ademais:

Verase afectada a circulación nas rúas adyacentes
Restrínxese a entrada e saída de garaxes nas zonas afectadas

Peche das zonas de aparcamento  Praza San Bieito y Transversa san Bieito

 

A confección das alfombras comezará o sábado 06 de xuño a partir das 17:00 h, e o tráfico restablecerase unha vez rematados os labores de limpeza na zona, o domingo 07 pola tarde.

Agradecemos a colaboración e comprensión da cidadanía para garantir a seguridade e o bo desenvolvemento desta celebración tan especial para Gondomar.

Novas

Axenda

Non se atopou ningún evento!