Tras o éxito acadado na pasada edición e a excelente acollida por parte da veciñanza e das persoas visitantes, o Concello de Gondomar, a través da Concellería de Turismo, volve organizar as visitas interpretativas “Coñecendo os Curros de Gondomar”.
Esta segunda edición nace co obxectivo de seguir poñendo en valor o patrimonio cultural, histórico e etnográfico vinculado aos curros e ao mundo rural, ofrecendo unha oportunidade única para descubrir unha das tradicións máis singulares e representativas de Gondomar.
Ao longo destas xornadas, as persoas participantes poderán coñecer a historia, función e significado dos curros.
Unha oportunidade para achegarse ao noso patrimonio desde unha perspectiva cultural e ambiental, ao tempo que se desfruta da riqueza paisaxística das diferentes parroquias de Gondomar.
Datas:
• 21 de xuño – Morgadáns
• 28 de xuño – San Cibrán, Donas
• 12 de xullo – Monte Galiñeiro, Vincios.
🔹 Actividade gratuíta
🔹 Prazas limitadas (inscrición previa obrigatoria)
Inscricións e máis información: Turismo Gondomar Tlf. 678 874 985




