Con motivo da celebración das Festas de San Bieito, informamos de que haberá restricións de tráfico e estacionamento en varias rúas. Pedimos a máxima colaboración e comprensión de toda a veciñanza para garantir o bo desenvolvemento das festas e evitar incidencias.

📅 Dende o venres 10 ata o domingo 12 de xullo coincidindo co fin de festa, aplicaranse as seguintes medidas:

🚫 Prohibido estacionar e acceder aos aparcadoiros de San Benito e do cemiterio.

Acceso restrinxido aos garaxes da rúa Párroco Mariño.

Corte total nas rúas Manuel Losada e San Benito, permitindo unicamente o acceso aos garaxes ata as 20:00 h.

Recoméndase ás persoas usuarias destes garaxes evitar o uso do vehículo durante ese horario.

Acceso restrinxido ao aparcadoiro de Terra de Detrás do Cristaleiro ata as 20:00 h.

⚠️ IMPORTANTE
O venres 11 de xullo, con motivo dos actos festivos, o tráfico permanecerá totalmente cortado en todos os accesos á Igrexa de San Benito.

Agradecemos de antemán a colaboración e comprensión de todas e todos para que poidamos gozar dunhas festas seguras e sen incidencias.

Boas Festas de San Bieito!

Novas

 AVISO IMPORTANTE: PROHIBIDO ESTACIONAR 

Con motivo da montaxe das atraccións de San Bieito, o aparcadoiro situado detrás da estación de autobuses permanecerá pechado. Dende o luns 6 de xullo A partir

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis