O Concello de Gondomar convida a toda a veciñanza a descubrir “O Pastor”, a exposición fotográfica de Daniel Bragado Couto, unha mostra que rende homenaxe á tradición, á memoria e ás persoas que mantiveron vivo o oficio do pastoreo.
🗓️ Do 9 ao 12 de xullo
📍 Matadoiro de Gondomar
A través dunha colección de imaxes cheas de sensibilidade, a exposición achéganos a unha forma de vida ligada á nosa terra, ás súas raíces e ao seu patrimonio humano.
Non perdas a oportunidade de gozar desta proposta cultural e de achegarte á historia contada a través da fotografía.





