O 8 de setembro poñemos en marcha un novo curso cheo de creatividade, expresión e diversión.
📅 Todos os martes
Auditorio Lois Tobío
🕜 HORARIOS:
Adultos: 16:00 a 18:30 h
Mocidade: 18:30 a 20:00 h
DOCUMENTACIÓN:
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, ou a través da sede electrónica, debendo achegarse, en ambos os casos, a folla de inscrición e a folla de consentimento debidamente cubertas e asinadas.




