Un ano máis, o Concello de Gondomar pon en marcha o Camiño do Irmandamento, que chega á súa VII edición.

Esta iniciativa deportiva, cultural e de convivencia terá lugar os próximos 3 e 4 de outubro de 2026 e volverá unir as localidades de Gondomar, en Galicia e Portugal, a través dun percorrido transfronteirizo que combina paisaxe, deporte e convivencia. O seu principal obxectivo é fortalecer os vínculos entre Galicia e Portugal, promovendo o encontro entre ambas as dúas localidades irmás ao tempo que ofrece a oportunidade de coñecer e desfrutar do patrimonio natural e cultural dos territorios polos que discorre.

O percorrido, de máis de 150 quilómetros repartidos en dúas xornadas, atravesará diferentes localidades portuguesas, entre elas Caminha, Vila do Conde e Porto. Debido ás características do trazado, as persoas participantes deberán contar con experiencia e coñecementos básicos para a circulación en bicicleta por estrada, así como cunha condición física axeitada para afrontar as diferentes etapas.

As persoas interesadas en participar deberán realizar a súa inscrición antes do 8 de setembro a través do correo electrónico oficinadeturismo@concellodegondomar.gal.

Para obter máis información sobre a actividade tamén estará dispoñible o teléfono 678 874 985.

Novas

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Igualdade e xuventude

SAÚDE MENTAL MOCIDADE | GONDOMAR

A saúde mental da mocidade, un compromiso coa xente nova. Un compromiso co futuro. Este outubro regresa o Ciclo Saúde Mental Mocidade de Gondomar, que

Leer más »