O Concello de Gondomar presenta unha programación de Nadal pensada para todos os públicos, na que a tradición, a cultura, a música e a diversión serán as grandes protagonistas.
Entre as propostas destacan o Mercado de Nadal, o Belén Municipal Artesán en Movemento, a Casiña do Nadal con Papá Noel e o Paxe Real, os concertos, o teatro e a esperada Cabalgata de Reis, nun calendario que se prolongará ata o 6 de xaneiro.
O alcalde sinala que «queremos que Gondomar viva un Nadal especial, que as rúas se enchan de vida e que as familias teñan múltiples oportunidades para compartir e gozar destas datas. Apostamos por unha programación variada, para todas as idades e que tamén pon en valor o talento e a participación do noso tecido asociativo e cultural».
Unha proposta para dinamizar o municipio, apoiar o comercio local e facer que a maxia do Nadal chegue a todos os recunchos de Gondomar.
Este Nadal, Gondomar énchese de maxia. Vémonos nas rúas!
Consulta toda a programación AQUÍ





