O Concello de Gondomar pon en marcha unha nova edición do xa tradicional Mercado de Nadal, que terá lugar os vindeiros 5 e 6 de decembro na contorna da Praza Paradela.
As persoas interesadas en instalar un posto neste mercado poden presentar xa a súa solicitude para participar nesta cita tan especial, na que o Nadal volverá encher de ambiente, ilusión e espírito festivo o corazón de Gondomar.
📅 5 e 6 de decembro.
📍 Contorna da Praza Paradela.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro.
Consulta as bases de participación e descarga o Anexo de Solicitude:





