Autoemprego

É un servizo gratuito de asesoramento e información ao emprendedor, que pretende apoiar as iniciativas empresariais no Concello que orixinen novos postos de traballo.

 Ofrece asesoramento e apoio para a creación de empresas no concello mediante:

  • Análise da idea inicial e información.
  • Apoio na elaboración do proxecto empresarial.
  • Asesoramento na tramitación e constitución da empresa.
  • Información sobre axudas e liñas de financiamento para os emprendedores.
  • Información sobre Axudas á creación de emprego por conta allea.

Este servizo de asesoramento a emprendedores/as do Concello de Gondomar está en funcionamento todo o ano con cita previa.