Search

Concellaría de formación, emprego e dinamización económica

Centro de Desenvolvemento Local

O Centro de Desenvolvemento Local do concello de Gondomar, dependente da Concellería de formación e emprego,  está ubicado nas instalacións do antigo colexio Rodríguez Márquez (Avda. do conde, s/n) trátase dun espazo compartido por diferentes proxectos contribuindo a dinamización social da zona e xurde como centro clave en materia de emprego e formación na comarca do Val Miñor; as súas principais contribucións se basean no emprego, autoemprego e formación ocupacional.

Hai que dicir que esta área municipal colabora con institucións e axentes sociais locais e comarcais para a posta en marcha de proxectos de interese para o desenvolvemento local do contorno, tal é así que se participa en programas como Obradoiros de emprego coa Mancomunidade do Val Miñor, PCPI con institutos da zona, cursos especializados coa Asociación de artesáns tradicionais, outras actividades vinculadas o emprego e a formación coa Cámara de Comercio de Vigo, Mancomunidade de Vigo, asociacións de empresarios, outras asociacións, etc.

Áreas de Intervención

FORMACION: desenvolvemento de cursos de diversas especialidades: Cursos AFD, Cursos CELGA (cursos de galego), outros cursos diversos. Apoio a cursos de outras entidades e outros departamentos municipais.

EMPREGO: en relación á busca de emprego por conta allea: bolsa municipal de emprego, ciber centro, taboeiro de emprego, accións diversas: charlas e coloquios, clubes de Emprego, xornadas temáticas, apoio a selección de persoal, etc.

AUTOEMPREGO : asesoramento para a creación de empresas, información sobre subvencións