Punto limpo

Traballamos cada día para mellorar o Punto Limpo de Gondomar atendendo ás necesidades dos nosos veciños e veciñas. O punto limpo é un equipamento ambiental de titularidade e competencia municipal situado na parroquia de Vincios, no lugar denominado Regato de Padróns, na Pasaxe, no monte propiedade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios, con acceso directo dende a estrada PO-331.

Nel recíbense os residuos que pola súa natureza ou volume non teñen saída mediante o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos.

Poderán empregalo todas as persoas empadroadas no Concello de Gondomar, titulares catastrais, arrendatarios ou terceiros con previa autorización* que queiran depositar de forma selectiva os residuos orixinados nos seus domicilios, atendendo aos artigos que se establecen no regulamento que controla o seu funcionamento, publicado no Boletín oficial de Pontevedra.

O punto limpo estará, polo tanto, a disposición dos veciños e veciñas que acheguen volumes de residuos que non superen os valores prefixados e que deberán presentarse clasificados e axustarse á tipoloxía establecida no regulamento. Ver anexo

 

Que se leva e en que cantidade?

 

RESIDUOS COMÚNS

CANTIDADE MAX. POR DOMICILIO

Aceite vexetal

10 litros/mes

Electrodomésticos sen  CFC

2 cada clase/ano

Envases de plástico, cartón aluminizado, latas e bricks

100 kgs/mes

Ferralla

200 kgs/mes

Madeira con metais

50 kgs/mes

Mobles de madeira

3 unidades/ano

Papel e/ou cartón

100 kgs/mes

Plásticos agrícolas envasados e limpos

30 kgs/mes

PVC e plásticos que non sexan envases

25 kgs/mes

Residuos de obras menores

1000 kgs/ano

Residuos verdes

600 kgs/ano

Residuos metálicos do fogar

2 cada clase/ano

Residuos voluminosos

3 cada clase/ano

Téxtiles (roupa, calzado…)

50 kgs/ano

Xoguetes e equipos deportivos

5 unidades/ano

RESIDUOS ESPECIAIS

CANTIDADE MAX. POR DOMICILIO

Aceite mineral

10 litros/mes

Aerosois

10 litros/mes

Aparellos de iluminación

2 unidades/mes

Baterías

2 unidades/ano

CDs e DVDs

25 kg/mes

Disolventes e pinturas

50 kg/ano

Electrodomésticos con gas CFC

2 unidades/ano

Envases baleiros de residuos perigosos

2 unidades/mes

Equipos informáticos e de telecomunicacións

2 unidades/mes

Ferramentas eléctricas ou electrónicas

2 unidades/mes

Filtros de aire

1 unidade/mes

Fluorescentes e lámpadas halóxenas

3 unidades/mes

Pneumáticos de coche, moto e bicicleta

4 unidades/ano

Pneumáticos de tractor

2 unidades/ano

Pequenos aparellos eléctricos e electrónicos

2 unidades/mes

Pilas

20 kgs/ano

Radiografías

2 unidades/mes

Televisores e monitores

2 cada clase/ano

Termómetros

1 unidade/mes

Radiografías

20 unidades/ano

Tóner e cartuchos de impresora

5 unidades/mes

Trapos, papeis e outros absorbentes contaminados

5 unidades/mes

Unidades de almacenamento

2 unidades/mes

 

MATERIAIS QUE NON SE PODEN DEPOSITAR 

  •             Residuos sen clasificar
  •             Lixo doméstico
  •             Residuos con amianto
  •             Residuos agrícolas ou gandeiros
  •             Residuos que proceden da actividade industrial ou comercial
  •             Residuos producidos por actividades mineiras ou extractivas
  •             Residuos sanitarios (medicamentos, infecciosos, clínicos…)
  •             Residuos explosivos, inflamables ou radioactivos
  •             Produtos procedentes de comisos
  •             Plásticos agrícolas sen embalar ou sucios
  •             Aceite mineral sen recipiente
  •             Calquera outro residuo que non se poida clasificar na categoría de admisibles

 

O operario do punto limpo recollerá exclusivamente residuos de orixe doméstica. Os procedentes da actividade industrial o comercial débenllos entregar os produtores ás empresas xestoras autorizadas.

O seu funcionamento é sinxelo. Débense separar os residuos por tipoloxía, acudir ao punto limpo cun documento que xustifique que se reside no concello e antes de depositar o residuo ou residuos declarar no posto de control o contido do que se quere entregar, con fin de realizar así un control de orientación de vertedura.

Segundo a carga declarada, será o operario do punto limpo quen decidirá aceptar ou rexeitar a entrega, seguindo os criterios recollidos no regulamento. En todo momento as persoas usuarias deberán seguir as indicacións do operario do centro para depositar os residuos nos colectores específicos.

 

Como entregar os residuos?

 

O punto limpo non é en ningún caso un vertedoiro, senón dun lugar para almacenar temporalmente os residuos ata entregalos a xestores autorizados. Unha vez depositados os residuos estes pasarán a ser propiedade do Concello de Gondomar, polo que non se permitirá a recuperación de materiais do interior das instalacións.

O punto limpo estará aberto ao público:

  •             De luns a xoves de 16:00 a 19:00 horas
  •             Venres e sábados de o9:00 a 13:00 horas
  •             Domingos e festivos pechados

En caso de non poder acudir ao punto limpo o Concello de Gondomar conta tamén cun servizo de recollida a domicilio de voluminosos.

Teléfono gratuíto:  900 107 382