O Concello pon en marcha un servizo de préstamo de biotrituradoras para o aproveitamento dos restos de poda, que se poderán solicitar a partir do martes 23 de xaneiro

O Concello de Gondomar pon a disposición da veciñanza un servizo de préstamo de maquinas trituradoras de residuos procedentes das podas.

Deste xeito quenes o soliciten terán a su disposición unha das 7 maquinas dispoñibles, 4 con alimentación eléctrica e  3 máis potentes con motor de gasoliña, en función das necesidades.

O periodo máximo de préstamo será de 5 días, e a solicitude deberá facerse a través do rexistro do concello, presencialmente ou a través da sede electrónica cubrindo o impreso correspondente.

O material resultante tras a trituración é un estruturante ideal para os composteiros, polo tanto no caso daqueles veciños  ou veciñas que xa posuan un composteiro individual poderán facer un aproveitamento deste residuo. O residuo tamén pode ser usado como acolchado para protexer as raíces das árbores ou como elemento decorativo no xárdin.

O servizo de préstamo non inclúe nen a entrega nen a recollida da maquinaria, que irá a cargo das persoa solicitante.

 

Que restos se poden triturar?

Restos leñosos procedentes de podas domiciliarias: ramas de árbores froiteiras, vides, árbores e arbustos ornamentais e restos de xardinería.

 

Que non se poden triturar?

Restos verdes non leñosos, herba, restos de flores, follas, plantas con terróns. Restos de madeiras tratadas procedentes de mobles ou materias duros tales como ferros ou pedras.

 

VIDEOGUÍA – COMO SOLICITAR O SERVIZO

 

PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN

 

Novas

GONDONADAL

Consulta toda a programación deste Nadal en Gondomar AQUÍ

Axenda