O Concello de Gondomar organiza unha nova actividade de LEGO Robotix, dirixida a nenas e nenos de 6 a 12 anos, co obxectivo de achegar o alumnado ao mundo da robótica, a programación e a tecnoloxía dun xeito educativo e divertido.
A actividade desenvolverase no Concello de Gondomar, os sábados, de 11:00 a 12:30 horas, e dará comezo no mes de outubro de 2026.
Ademais, tamén se ofrecerán sesións nos seguintes centros educativos:
- CEIP Neira Vilas: luns, de 16:30 a 17:30 horas.
- CEIP Serra Vincios: martes, de 16:00 a 17:00 horas.
- CEIP Chano Piñeiro: martes e xoves, de 16:00 a 17:00 horas.
- CEIP Souto Donas: mércores, de 16:00 a 17:00 horas.
Inscrición
As prazas deberán reservarse a través da aplicación Tokapp School.
Para realizar a inscrición é necesario:
- Descargar a aplicación Tokapp School no teléfono móbil.
- Rexistrarse e iniciar sesión.
- Acceder ao menú situado na parte superior esquerda e seleccionar «Extraescolares».
- Premer en «Rexistrarse» e introducir o código do Concello: GONDOMAR.
- Cubrir os datos da nai, pai ou titor/a e, posteriormente, os datos da persoa alumna.
- Acceder ao apartado «Matrículas» para completar a inscrición na actividade.
Os recibos deberán aboarse entre os días 1 e 5 de cada mes, dentro da propia aplicación Tokapp School, no apartado «Recibos».
Non é necesario levar ningún material. O alumnado só terá que achegarse con ganas de aprender, construír e programar.
Prezo da actividade: 7 € ao mes.
Información e contacto
Patricia (Tokapp): 644 242 743
Concello de Gondomar: 986 360 125





