O concello de Gondomar inicia as obras de rehabilitación exterior da antiga Escola Unitaria de San Cibrán consistentes no revestimento das fachadas, e o arranxo dos aleróns co fin de recuperar as características orixinais da edificación.

Na primeira fase da obra retiraranse en primeiro lugar todos os elementos en desuso  e deteriorados adheridos as fachadas así como elementos de simboloxía franquista que aínda existen, e se ocultarán todas as instalacións realizadas con posterioridade á construción inicial e que quedaron en superficie. Posteriormente procederase a limpeza e reparación do revestimento exterior, recuperando as características orixinais.

Por último se procederá á instalación dun tótem de sinalización na entrada para a súa correcta identificación.

O prazo de execución das obras é de oito semanas.

Este inmoble foi cedido polo concello tras unha importante renovación interior,  para uso veciñal a través da asociación “Movemento Veciñal Escola de San Cibrán” no que actualmente se desenvolven diferentes actividades culturais, sociais e educativas, abertas a participación de toda a veciñanza.

 

O alcalde Paco Ferreira destacou “a importancia de que estes inmobles que no seu dia foron centros educativos, e tiveron unha relevancia moi importante no desenvolvemento dos barrios e parroquias, sigan funcionando como espazos dedicados a socialización e xestionados pola propia veciñanza no que co apoio das administracións poidan ofrecer unha ampla oferta cultural, social e recreativa”.

 

 

Novas

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

FESTA PRE FIN DE ANO EN GONDOMAR

O Concello anima a toda a veciñanza a participar na Festa Pre-Fin de Ano, nun ambiente festivo pensado para todas as idades, que terá lugar

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

Leer más »