O Concello de Gondomar quere achegar o SURF á mocidade, facendo que esta disciplina deportiva sexa accesible para eles. O Surf goza dunha gran aceptación por parte da mocidade e ofrece múltiples beneficios tanto físicos como psicolóxicos. Pero tamén levará os mozos e mozas a coñecer nova xente, a gozar dun deporte en plena natureza, a descubrir os seus límites e capacidades….. en definitiva a vivir unha gran experiencia este verán.
Ofertamos dous cursos dunha semana cada un deles. Do 1-5 de xullo, e vai dirixida a dezaseis participantes de entre 15 e 17 anos. E un segundo grupo do 15 ao 19 de xullo para mocidade de entre 12 e 14 anos. En horario de mañá de 10h ( saída do punto de encontro) ata as 13h (chegada ao punto de encontro).
O curso é gratuito, con transporte incluído á escola de surf e de volta ao concello. De todas as solicitudes recibidas e que cumpran os requisitos de idade establecidos, terá preferencia á mocidade do concello de Gondomar. Para participar debes descargar os anexos ( páxina web do concello de Gondomar ou solicitalos na Oficina da OMIX do Concello de Gondomar).
O prazo de presentación é do 27 de maio ao 7 de xuño. As persoas intersesadas deberán presentar a documentación no rexistro xeral do Concello de Gondomar ou a través da sede electrónica do concello.
Máis información no teléfono 986.369.746 (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Anexo III recollida Solicitude Anexo I
Anexo II Protección datos
DESCARGA DE DOCUMENTOS
ANEXO II – Protección de datos