Dende o Departamento de Comercio do Concello de Gondomar, animamos os establecementos do pequeno comercio local a decorar os seus locais con motivo da celebración do Samaín, contribuíndo así a encher as rúas dun ambiente festivo e terrorífico.
Ademais, para facilitar a participación dos establecementos na tradicional actividade do «truco ou trato», o Concello colaborará achegando caramelos.
Como solicitalos?
Os establecementos interesados poderán solicitalos do 19 ao 23 de outubro, enviando un correo electrónico a oficinadeturismo@concellodegondomar.gal, no que deberán indicar os seguintes datos:
- Nome do establecemento.
- Nome da persoa de contacto.
- Número de teléfono.
Contamos coa vosa participación para encher Gondomar do espírito de Samaín





