O concello de Gondomar segue sendo noticia debido ao seu apoio e participación no proxecto pioneiro posto en marcha por persoal do Centro de Saúde do Val Miñor, e do que se benefician quince persoas do noso concello.
 
A aposta polo deporte, neste caso pola marcha nórdica, como medio para controlar a hipertensión é noticia a nivel nacional facéndose eco desta iniciativa da nosa comarca a cadena Atresmedia.
Esta fase inicial do proxecto está dirixida a pacientes hipertensos dos tres municipios do Val Miñor (os interesados deben dirixirse ao personal de enfermería do seu respectivo centro de saúde).
 
O Obxectivo final e asentar os grupos na comarca miñorana para incorporar a todo
tipo de poboación dado os múltiples beneficios deste tipo de marcha.
 
Durante catro meses ofreceránse dúas rutas matinais dirixidas polo seleccionador galego Nacho García e coa presencia dos propios enfermeiros/as pomotores do proxecto que reforzarán a actividade cos seus coñecementos en saúde.
 
O alcalde, Paco Ferreira, lembrou ante aos medios a importancia que ten a aposta polos hábitos saudables e medidas deste tipo, e lembrou que seguirá traballando dende esta liña o seu goberno.
 

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »