Search

Chega unha nova edición da Festa da Bicileta do Val Miñor

Un ano máis, e xa van 33 edicións, chega a Festa da Bicicleta do Val Miñor. Este ano a organización da proba correrá a cargo do Concello de Gondomar de onde partirá a ruta o 17 de maio ás 10:oo horas. O punto de encontro establecese na Praza Paradela. Posteriormente o pelotón dirixirase a Nigran e Baiona e regresará ao punto de inicio na Praza do Concello de Gondomar.

O punto de encontro para os ciclistas de Nigran estará situado no Pavillón de Panxón ás 11:00 horas e o de Baiona a mesma hora no Parque da Palma.

Ás inscricións poderánse realizar en cada un dos puntos de encontro desde 40 minutos antes da hora de salida.

 

Na praza Paradela haberá un punto de reparación con persoal especializado para que todo aquel que o desexe poida revisar a súa bicicleta antes de iniciar a marcha.

 

Todos os inscritos participarán no sorteo de tres bicicletas, unha por cada un dos concellos participantes ademáís de outro material deportivo.

 

Poden participar todas as persoas maiores de 7 anos. Están excluidas as bicicletas con ruedines. O uso do caso é obrigatorio.

 

Máis información:

Concello de Gondomar: 608748393 – deportes@concellodeogndomar.gal

Concello de Baiona: 986356558 – deportes@baiona.org

Concello de Nigrán: 986365000

 

 

 

Novas

Axenda

No event found!