Con motivo da elaboración das tradicionais alfombras florais do Corpus Christi, establecerase un dispositivo especial de tráfico que implicará o corte total de varias rúas do casco urbano, segundo o plano adxunto, desde as 15:30 horas do sábado 6 ata as 16:00 horas do domingo 7 unha vez finalicen as labores de limpieza.

Durante este período, quedará prohibida a circulación de vehículos e os accesos a garaxes nas rúas afectadas pola elaboración das alfombras. Así mesmo a Parada de Taxis trasladáse á Avd. Elduayen nº4.

CONSULTA AQUÍ AS ZONAS DE ELABORACIÓN DE ALFOMBRAS

⚠️ Importante: O aparcadoiro de San Bieito e o aparcadoiro de terra detrás do Hotel Cristaleiro permanecerán totalmente pechados ao tráfico de vehículos, polo que non se poderá acceder nin estacionar nestes espazos mentres dure o dispositivo especial.

Recoméndase á veciñanza e ás persoas visitantes utilizar os aparcadoiros alternativos situados nas inmediacións da Policía Local, do CDL (Centro de Desenvolvemento Local) e do resto das zonas de estacionamento habilitadas na contorna.

Agradecemos a colaboración de toda a cidadanía e rogamos respectar a sinalización provisional para garantir o correcto desenvolvemento desta celebración

 

VER PLANO DISPOSITIVO TRÁFICO AQUÍ

 

Novas

Escolas Deportivas 2026-2027

As actividades das Escolas Deportivas están dirixidas a todas as idades, tanto para aquelas persoas que desexen mellorar a súa condición física como para quen

SEMENTANDO O BO TRATO, Derradeira cita!

O ciclo de encontros “Sementando o Bo Trato”, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, chega á súa derradeira cita. O 18 de

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Deporte

Escolas Deportivas 2026-2027

As actividades das Escolas Deportivas están dirixidas a todas as idades, tanto para aquelas persoas que desexen mellorar a súa condición física como para quen

Leer más »