Concello e alumnado do IES Auga da Laxe celebrarán o Día Internacional da Muller cun acto no que se lerá un manifesto e haberá actuacións teatrais e musicais.

O próximo venres 8 de marzo conmemorase en todo o mundo o Día Internacional da Muller, e o concello de Gondomar ten preparada unha xornada organizada xunto ao alumnado do IES Auga da Laxe. Será no Pavillón Municipal Bernabé Costas a partir das 11:30h. onde o alumanado deste centro educativo leerá un manifestó en apoio á igualdade entre homes e mulleres, e denunciando as conductas machistas. Ao rematar a lectura haberá diferentes actuacións teatrais e unha peza musical coa igualdade como fío condutor, protagonizadas polo propio alumnado.

 

O alcalde Paco Ferreira e a concelleira de igualdade Nuria Lameiro aproveitaron a presentación deste acto para facer un balance das actividades levadas a cabo polo concello en materia de igualdade ao longo de todo o ano.  O alcalde fixo un repaso a distintas accións  “que converteron nos últimos anos a Gondomar nun referente nacional na loita pola igualdade”. O rexedor destacou entre outras a edición dun calendario para dar visibilidadade a mulleres gondomareñas que “son referente en diferentes ámbitos e que son un exemplo de loita polos dereitos das mulleres”. Tamén destacou distintos cursos e charlas coa igualdade como temática, como unha charla sobre a igualdade no deporte ou un curso para mellorar as competencias dixitais.

Fixéronse ademáis distintas campañas de sensibilización en centros educativos como a denominada “Circo na Casa” e outras campañas como “Agresión Off”, “Violencia Zero” ou a “Campaña de Corresponsabilidade

 

Outra das accións destacadas que se levaron a cabo durante o pasado ano foi a proxección itinerante nas parroquias de Gondomar do documental “Eu tamén necesito amar” onde as protagonistas son mulleres que contan as súas experiencias vitais e a sua relación coa sexualidade.

 

O Concello de Gondomar na sua loita pola igualdade real entre homes e mulleres aprobou recentemente, e por quinto ano consecutivo, o se Plan de Igualdade.

 

Ademáis Gondomar conta cun Centro de Información á Muller, que ofrece servizos e apoio a mulleres en xeral e particularmente a mulleres vítimas de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade.

 

Novas

🚧 AVISO DE CORTE DE TRÁFICO 🚧

O xoves 29 de maio de 2025, dende as 08:00h ata as 18:00h, permanecerá cortada ao tráfico a rúa Aldea Castro de Borreiros 📍 Motivo:

Axenda

No event found!
Igualdade e xuventude

GONDOVERÁN – Listaxe Definito

Xa está dispoñible o listado definitivo de persoas admitidas no Gondoverán! Se te inscribiches, é o momento de comprobar se formas parte desta aventura de

Leer más »