Emprego
A lexislación vixente establece nos 16 anos a idade mínima para poder desempeñar unha actividade laboral. Introducirse no mercado laboral é un proceso complexo no que compre coñecer distintas ferramentas e pasos necesarios para poder obter unha oportunidade.
Nesta sección aportaremoste unhas nocións e consellos de utilidade para poder introducirte no mercado laboral.
O primeiro paso
No momento que decides pórte a traballar o primeiro paso que tes que dar e ir o Sevizo Galego de Colocación http://emprego.xunta.es/cmspro/contido máis próximo a o teu domicilio. O que corresponde no Val Miñor é :
- Servicio Galego de Colocación en Baiona
- R/ Educador, 4
- 36.300 Baiona- Telf: 986.355.055
Debes informarlles que queres formar parte da base de datos para acceder a un emprego. Recorda que debes renovar periódicamente nos prazos fixados. Debes presentarte ca seguinte documentación:
- DNI
- Certificados Académicos
- Certificados Profesionais
O seguinte paso, vai encamiñado o traballo pola túa conta na búsqueda dun emprego. O que debes facer é elaborar o teu Cv.
Curriculum Vitae
Qué é?
É un documento que describe os datos académicos, formativos e experiencia profesional dunha persoa, así como, o primeiro contacto e a primeira información que vai ter a empresa de nos.
A finalidade dun currículum é conseguir a posibilidade dunha entrevista persoal, por iso, debemos redactar un currículum que esperte na outra persoa o desexo de coñecernos mellor, deberá atraer a atención da persoa que te desexa contratar. É importante que sexa claro, conciso, adaptado ó posto e á empresa á que o mandamos.
Estructura:
Datos persoais: datos imprescindibles para que se poñan en contacto contigo
- Nome completo
- Enderezo con código postal
- Teléfono
- Correo Electrónico
- DNI
- Permiso Conducir
- Outros datos a valorar si se poñen: Estado Civil, data nacemento
Formación académica: Formación oficial regrada
- Título do nivel máximo acadado
- Ano de remate
- Especialidade se a tes
- Centro de expedición do título
- Localidade
Formación complementaria: Aquí se inclúe toda a formación que non sexa regrada: seminarios, cursos, xornadas, etc.
- Nome do curso
- Data realización
- Centro de impartición
- Localidade
- Número de horas
Informática: aquí podemos dividir en dous apartados:
- Con coñecementos pero sin título: nos que comentaremos os programas que manexamos e o nivel que temos ( usuario, avanzado)
- Con título: os mesmos datos que a formación complementaria.
Idiomas: aquí faremos dous apartados e ademáis mencionaremos se estivemos residindo no extranxeiro.
- Con coñecementos pero sen títulos: O idioma que coñecemos se son varios primeiro trataremos falaremos dun e logo doutro. E o nivel que temos no que faríamos dúas distincións conversa e gramática os niveis son ( elemental, medio, alto)
- Con títulos oficiais ; igual que a formación complementaria.
Experiencia profesional: tamén faremos dúas distincións experiencias profesionais con contrato e experiencias profesionais sen contrato.
- Con contrato:
- Posto
- Data
- Nome empresa
- Localicación
- Funcións desempeñadas
- Sen contrato:
- Aquí podemos nomear as prácticas que fixemos mentras estudabamos, colaboración con asociacións, actividades sen remunerar, traballo como voluntario, etc.
Outros datos de interese: este apartado non é obrigatorio polo, pero aquí podemos aportar datos que nos destaquen doutros candidatos:
- Vehículo propio
- Afeccións; evitar estereotipos como ler, ir ó cine, mellor nomear actividades relacionadas co posto da empresa. Non incluír deportes ou actividades que supoñan un risco físico elevado.
- Situación persoal: se tes dispoñibilidade para viaxar, incorporación inmediata, dispoñibilidade horaria, etc.
- Se poden incluír becas, distincións, momeamentos, publicacións, etc.
- O Currículum nunca se firma
TIPOS DE CURRÍCULUM
ENLACE: http://xuventude.xunta.es/emprego.html
- Cv cronolóxico inverso
- Cv funcional
- Cv centrado en compentencias
- Cv europeo: Calquera oferta de emprego nun país da UE é obrigado presentalo a través deste modelo tamén nomeado EUROPASS http://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae
Recomendacións :
- Elaboralo en función do posto de traballo e da empresa
- Redactalo nunha folla ou dúas
- Utilizar máquina ou ordenador, agás que na oferta de traballo se pida manuscrito
- Acompañalo dunha carta de presentación
- Se solicitan unha fotografía que sexa recente e de calidade. Se non a solicitan, mellor non enviala, non sabemos o criterio da imaxe que poden ter.
- Evitar referencias que non se soliciten
- Non mandar fotocopias
- A redacción debe ser breve, clara e organizada cunha estrutura lóxica.
- Resaltar aqueles datos aos que queremos darlle máis importancia, poñéndoos os primeiros e omitindo os que non sexan de interese para o posto.
Carta de Presentación
Todo Cv debe ir acompañado dunha carta de presentación, é a túa tarxeta de visita que informa do máis relevante do noso perfil en función do posto de traballo. Con ela debemos captar a atención do receptor e espertar o seu interese para que teñamos como resultado unha entrevista persoal.
ENCABEZAMENTO FORMAL
- PRESENTACIÓN
Datos teus
Dirección Nome e cargo da empresa
Teléfono Dpto. empresa
Dirección
Referencia oferta
Lugar e data
Fai referencia a oferta de emprego se respondes a un anuncio, se te presentas ti a unha empresa por candidatura espontánea.
Fai referencia a aqueles aspectos profesionais e/ou formativos que son mais relevantes para o posto a o que optas e poden axudarte a conseguir unha entrevista. Debes facer constar as túas características persoais que poidan favorecer no desempeño do posto concreto.
Fai referencia explícita do teu obxectivo : participar no proceso de selección da empresa.
Utiliza unha despedida cordial e sinxela, asegurando ao receptor que esperas as súas noticias.
A carta sempre debe ir asinada e tentaremos que apareza o noso nome e apelidos completos.
RECOMENDACIÓNS PARA A CARTA DE PRESENTACIÓN:
Ten que ser curta , ordenada, clara e directa
Non escribir máis dunha páxina
É mellor non grampala ao currículum
Coida a redacción e a ortografía
Escribe cartas distintas segundo o tipo de empresa que se trate, adaptándoa a cada posto de traballo
Resalta os aspectos do teu currículum que encaixan co posto
Escribea a máquina ou ordenador, salvo que che indiquen expresamente que a fagas a man
Emprega verbos de acción
- menciones aspectos negativos
Transmite información postiva, demostrando valía , seguridade e profesionalidade
Tipos de cartas
- Hai catro modelos de cartas de presentación:
- Resposta a un anuncio con experiencia.
- Resposta a un anuncio sen experiencia
- Autocandidatura con experiencia
- Autocandidatura sen experiencia
Entrevista de traballo
Unha entrevista de traballo é ó último paso de cara a consecución dun posto de traballo, co que é preciso reforzar o dito no Cv e apoialo cunha boa impresión persoal, respondendo con naturalidade e sinceridade as preguntas que se fan.
Máis información: http://www.primerempleo.com/entrevista-trabajo/entrevista-de-trabajo.asp
Contratos traballo
Máis información: http://www.sepe.es/contenido/empleo_formacion/empresas/contratos_trabajo/
Crea a túa propia empresa
Maís información en: http://www.crear-empresas.com
Enlaces de interese
Webs de emprego:
- http://www.cimo.org
- http://www.infojobs.net
- http://www.infoempleo.com
- http://www.sepe.es
- http://www.camaravigo.com
- http://www.laboris.net
- http://portalparados.es
- http://trabajosporelmundo.com
OUTRAS WEBS:
- Información búsqueda emprego: http://emancipacionxove.org
- Información emprego público: http://www.map.es
- Boletín Oficial do Estado: http://www.boe.es
- Diario Oficial de Galicia: http://www.doga.es
- Boletín Oficial da provincia: http://www.depo.es
- Boletín oficial de Europa: http://www.cde.ua.es/cde/doce.htm
- Oficina Europea de Selección: http://europa.eu/epso/index_es.htm
- Información Fuerzas Armadas: http://www.soldados.com
- Fundación Universidade Empresa: http://www.fue.es