Bolsa do emprego
Este servizo ofértase para as persoas de Gondomar desempregadas e para as empresas que necesitan contratar traballadores
A.- Para as persoas desempregadas:
Rexistro das persoas demandantes na bolsa de emprego, despois de manter unha entrevista na que se detecten as súas condicións de ocupabilidade.
Información sobre distintos aspectos relacionados co emprego.
Tramitación de ofertas de emprego.
Recollida no taboleiro do servizo de novas de emprego
B.- Para as empresas:
Preselección de candidatos/as para ofertas de emprego.
Para inscricións: solicitarase cita previa, ben presencialmente nas instalacións do CDL, ben telefónicamente (986384020) ou por email ([email protected])”
Para inscricións novas na BOLSA MUNICIPAL DE EMPREGO:
Deberán contactar por teléfono: 986 384020 ( 9:00 a 14:00 horas), ou por mail: [email protected]
Para actualizacións de cv na BOLSA MUNICIPAL DE EMPREGO:
- Enviarase cuberta e asinada a folla de autorización de tratamento de datos persoais e o cv actualizado, en pdf, ao mail: [email protected]
Para outras consultas: 986 384020 ( 9:00 a 14:00 horas)