Axuda no fogar
O servizo de axuda no fogar, ten por obxecto prestar un conxunto de atencións dende unha perspectiva integral e normalizadora a individuos e familias no seu fogar, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía, por motivos de índole físico, psíquico ou social, facilitando a permanencia no seu propio entorno e mellorando a súa calidade de vida.
A axuda no fogar é un servizo público que ten a consideración de prestación básica, de servizos sociais de atención primaria inserta no sistema integrado de servizos sociais, de carácter complementario e transitorio, que non exime ás familias das súas responsabilidades, con planificación, coordinación e control público, que a través de persoal cualificado e supervisado presta, a nivel preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador, unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico, ás familias e persoas con dificultades para procurar o seu benestar físico, psíquico e/ou social, proporcionándolle a posibilidade de continuar no seu entorno natural, mentras iso sexa posible e conveniente