Transporte adaptado
O Servizo de Transporte Adaptado é un servizo público autonómico de carácter social de axuda ao desprazamento programado e non urxente para achegar ás persoas con discapacidade e/ou dependentes a programas, centros ou servizos, en condicións de máxima seguranza, cos medios necesarios e coa presenza dun/dunha monitor/a acompañante.
Obxectivo xeral: Normalizar as condicións de vida, favorecer a autonomía persoal e facilitar a integración social das persoas usuarias.
Obxectivos específicos:
1. Poñer á disposición das persoas con discapacidade e/ou dependentes que teñan dificultades de mobilidade os medios axeitados ás súas necesidades, que lles faciliten a dita mobilidade.
2. Garantir o acceso, en condicións de igualdade efectiva, das persoas con discapacidade e/ou dependentes aos servizos esenciais, favorecendo así a súa comunicación e participación no seu contorno habitual.
3. Dispoñer de recursos para a normalización da realización das actividades instrumentais e básicas da vida diaria por parte das persoas con discapacidade e/ou dependentes.