Obxectivo: Mellorar os sevizos ambientais, en concreto a xestión de residuos para os que non existe recollida domiciliaria é un dos obxectivos máis importantes para o Concello de Gondomar.
O Punto limpo móbil percorrerá todo o municipio e colocarase nas zonas especialmente habilitadas de cada parroquia.
O servizo soamente admitirá residuos xerados por particulares, quedando prohibida a aportación de residuos industriais.
RESIDUOS ADMITIDOS:
– Envases de fitosaniatarios baleiros.
– Aceite de cociña embotellado
-Residuos téxtiles.
– Pequenos aparellos informáticos
– Lámpadas fluorescentes
– Pequenos electrodomésticos
– Envases de aerosois baleiros
– Xoguetes
– Envases de plástico contaminados
– Pilas
– Acumuladores
– CD/DVD
– Móbiles
– Lámpadas LED
– Cartuchos e toner de impresora.
Ⓒ2023 | Concello de Gondomar | Praza Doctor Latino Salgueiro, 1, 36380