O Concello de Gondomar a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero pon en marcha un curso de 150 horas para á formación en atención ao público, que inclúe materias como o apoderamento para o proceso de procura de emprego, ou a igualdade de oportunidades.

O curso cun total de 15 prazas,  terá unha duración total de 150 horas das que 70 serán teóricas, e 80 prácticas en diferentes empresas.

O obxectivo é brindar unha oportunidade a 15 mulleres residentes en Gondomar que pola súa situación teñen dificultades para o acceso ao emprego, mellorando a cualificación e aumentando as súas posibilidades de inserción.

As participantes aprenderán técnicas e habilidades efectivas en relación á atención ao cliente de forma teórica e tamén práctica.

O inicio do curso será o 13 de marzo en horario de 9:30h. a 13:30h e as incricións estarán abertas desde o 27 de febreiro a través do rexistro  ou na Sede Electrónica do Concello de Gondomar.

 

O alcalde Paco Ferreira sinalou que “ desde as administracións temos que facer todo o que esté na nosa man para acadar unha igualdade real entre homes e mulleres en todos os ámbitos, e este curso é un exemplo das políticas de inserción laboral das mulleres que temos que apoiar e fomentar

 

Máis información no Centro de Información á Muller nos teléfonos 986389355 ou 986360224 ou no correo electrónico: [email protected]

Novas

FESTAS DE SAN BIEITO

Do 10 ao 13 de xullo, o Concello organiza por segundo ano consecutivo as FESTAS DE SAN BIEITO Consulta toda a programación  AQUÍ Visualiza o

DISPOSITIVO DE TRÁFICO POR CORPUS CHRISTI

Con motivo da elaboración das tradicionais Alfombras Florais do Corpus Christi, o Concello de Gondomar activará un dispositivo especial de tráfico que afectará a varias

Axenda

No event found!
Cultura

FESTAS DE SAN BIEITO

Do 10 ao 13 de xullo, o Concello organiza por segundo ano consecutivo as FESTAS DE SAN BIEITO Consulta toda a programación  AQUÍ Visualiza o

Leer más »
Cultura

VIAXE ILLAS CIES

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Turismo, organiza VIAXE ÁS ILLAS CIES o próximo sábado 5 de xullo Saída ás 09:30 do 

Leer más »