O Concello de Gondomar a través da súa Concellería de Turismo pon en marcha o “Camiño de Santiago por etapas”. Esta ruta cun total de 110 kilómetros desenvolverase en 4 etapas de 28 kilómetros cada unha aproximadamente,  os días 3, 10, 17 e 24 de setembro.  Ao chegar a Santiago o que así o queira poderá solicitar a “compostela”.

En cada xornada pola mañá un autobus recollerá aos participantes en Gondomar para levalos ao punto de inicio de cada etapa, regresando a nosa vila a media tarde.

Esta actividade é gratuita con prazas limitadas, tendo preferencia na inscrición aquelas persoas empadroadas en Gondomar. É imprescindible o compromiso de realización das 4 etapas para poder acceder a unha praza.

En cada etapa os participantes contarán cun vehiculo de apoio durante todo o percorrido para garantir a sua seguridade así como diferentes puntos de avituallamento.

 

INCRICIÓNS:

A partir do 17 de agosto no correo: [email protected] ou no teléfono 678874985

 

Actividade financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

 

 

 

Novas

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

FESTA PRE FIN DE ANO EN GONDOMAR

O Concello anima a toda a veciñanza a participar na Festa Pre-Fin de Ano, nun ambiente festivo pensado para todas as idades, que terá lugar

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

Leer más »