O domingo 15 de febreiro chega unha das citas indispensables do Entroido de Gondomar
Ás 16.30 horas, dará comezo a lectura do pregón desde o balcón do Concello, que correrá a cargo das monologuistas Arantxa Treus e Jazmín Abuín. A continuación, celebrarase o tradicional Desfile de Carrozas e Comparsas de Entroido.




