Search

Espallámonos

A realidade da mocidade de Gondomar, e que ten unha gran dispersión xeográfica e iso fai que a información non chege a todos os mozos/as .Ante esta situación , queremos achegarnos a mocidade e darlles as mesmas  oportunidades que os do casco urbano.

Temos a certeza de que os mozos das parroquias teñen máis dificultades para acceder a información e que é unha grande necesidade coa que nos atopamos, inda que somos conscientes de que é inviable darlle un servizo personalizado a cada parroquia, en cambio , si que podemos acercarlles a información a través dos stands.

A proposta dende a Concellería de Xuventude e por nos centros culturais e cafeterías con máior incidencia da mocidade uns stands con información puntual para eles, así, cando necesiten saben que moi preto de onde viven poden atopar información. E si algunha é do seu interese poden achegarse a oficina e  a profundizaremos dunha forma máis precisa ou personalizada.

IMG 20131029 092733

Obxectivos

  • Dar a coñecer a OMIX, Oficina Municipal de Información Xuvenil
  • Promocionar os distintos servizos que ofertamos dende estas dependencias.
  • Difundir o programa de actividades que realizamos.
  • Establecer unha ponte de unión entre os Centros Culturais , OMIX e  os puntos de encontro coa mocidade.
  • Coñecer as necesidades reais da mocidade en cada parroquia.
  • Poder chegar a realizar un programa de actividades en conxunto cos Centros Culturais.

Espazos que contan cun stand

  • Centro Cultural Sta. Eulalia de Donas
  • Centro Cultural Mañufesa de Mañufe
  • Centro Cultural  “ O Castelo “ Vilaza
  • Asociación Cultural S. Roque Morgadáns
  • Centro Cultural “ A Merced “ Chaín
  • Centro Cultural de Vincios
  • Asociación Musical de Vincios
  • Centro Cultural e Recreativo de Peitieiros
  • Centro Cultural de Couso
  • Concello de Gondomar
  • Cafetería Ágora

Infomobil

Servizo de información a través de mensaxes a móviles. A través desta iniciativa pretendemos que a mocidade esté informada de todo o que acontece e garantir o dereito ao acceso da información.
Se queres recibir no teu móbil información sobre cursos, becas, actividades tanto desta oficina como doutras administracións públicas deberás cubrir o formulario de autorización e entregalo na Casa da Cultura, OMIX porta nº10 Gondomar e durante dous anos recibirás información puntual, inmediata e gratuíta o teu móbil.
Xa non tedes escusa para non estar informados!!!.