Search

OMIX

É un servizo que o Concello de Gondomar pon a disposición dos/as mozos/as. Baséase nun conxunto de medidas para obter, difundir e asesorar sobre información específica para a mocidade.

 

Esta información ten por obxecto dar o apoio necesario á mocidade para que poidan tomar decisións sobre temas como sexualidade, ocio, emprego, estudos, etc. Unha fórmula para que a información chegue a todos e todas co obxectivo degarantir as mesmas oportunidades de información a poboación moza e promovendo a igualdade no acceso á información.

Servizos da OMIX: 

  • Expedición do Carné Xove
  • Exposición de ofertas de emprego semanais
  • Exposición de subvencións
  • Exposicións de cursos e actividades non só do concello de Gondomar senón doutros municipios do redor
  • Ordenadores conectados a internet con impresora , totalmente gratuítos para uso dos mozos
  • Programa de actividades formativas e de ocio
  • Programas educativos
  • Información e asesoramento a asociacións xuvenís
  • Difusión da información a través de stands informativos en centros culturais e cafeterías do concello
  • Infomóbil- difusión a través de mensaxes SMS sobre información solicitada a esta oficina
  • Información
  • Actividades Xunta e Deputación Provincial para a mocidade
  • Promoción comercios para adhesión ao carné Xove
  • Espazo de autoconsulta: documentación sobre saúde, ocio, turismo, educación, información europa, becas e axudas, asociacionismo, programas Xunta, etc.