Punto Limpo
O Punto Limpo de Gondomar é un equipamento ambiental de titulariade e competencia municipal, situado na Parroquia de Vincios, no lugar denominado "Regato de Padróns", en, A Pasaxe, no monte propiedade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios, con acceso directo dende a estrada PO-331.
Nel recíbense os resíduos que pola súa natureza ou volume non teñen saída mediante o servizo de recollida de resíduos sólidos urbanos.
Os usuarios do punto limpio son todos os cidadáns que residan no Concello de Gondomar e que queiran depositar de forma selectiva os residuos orixinados nos seus domicilios, atendendo os artigos que se establecen no regulamento que controla o seu funcionamiento, publicado no Boletín oficial de Pontevedra.
O punto limpo estará, polo tanto, a dispor de aqueles cidadáns que acheguen volumes de residuos que no superen os valores prefixados e que deberán presentarse clasificados e axustarse a tipoloxía establecida no regulamento, e que se recolle nos seguinte cadros:
RESIDUOS COMÚNS | CANTIDADE MAX. POR DOMICILIO |
Vidrio e cristais varios | 50 kgs/mes |
Papel e cartón | 50 kgs/mes |
Envases de plástico | 50 kgs/mes |
Cartón aluminizado, latas | 50 kgs/mes |
Restos metálicos fogar (tixolas, potas…) | 50 kgs/mes |
Voluminosos (colchóns, somieres, mobles) | 3 cada clase/ano |
Cascallos pequeñas obras | 500kgs/ano |
Electrodomésticos sen CFC | 2 cada clase/ano |
Textiles (roupa, calzado…) | 50 kgs/ano |
RESIDUOS ESPECIAIS | CANTIDADE MAX. POR DOMICILIO |
Frigoríficos e conxeladores | 2 de cadaclase/ano |
Televisores, monitores ordenador | 2 de cada clase/ano |
Fluorescentes, bombillas bajo consumo | 20unidades/ano |
Botes de aerosol | 30unidades/ano |
Aceites cociña usados | 10 litros/mes |
Pinturas, disolventes e vernices | 25 kgs/ano |
Pilas e baterías | 20 kgs/ano |
Termómetros | 10 unidades/ano |
Radiografías | 20 unidades/ano |
Cartuchos fotocopiadoras e impresoras | 50 unidades/ano |
Residuos procedentes poda e mantemento xardíns | 50 kgs/mes |
Aceites motor | 5 litros/mes |
O operario do punto limpo recollerá exclusivamente residuos de orixe doméstica. Os procedentes da actividade industrial o comercial débenllos entregar os produtores ás empresas xestoras autorizadas
Unha vez no centro cada usuario deberá identificarse mediante o D.N.I e antes de depositar o residuo ou residuos deberá declarar no posto de control o contido do que quere entregar, con fin de realizar así un control de orientación de verquido. Segundo a carga declarada, será o operario do punto limpo quen decidirá aceptar ou rexeitar a entrega, seguindo os criterios recollidos no regulamento. En todo momento os /as usuarios/as deberán seguir as indicacións do operario do centro.
MATERIAIS QUE NON SE PODEN DEPOSITAR
En ningún caso se trata dun vertedoiro, senón dun lugar para almacenar temporalmente os resíduos ata entregalos a xestores autorizados.
Horario
Teléfono: 900 107 382