^ Ir arriba

Ensino

Ensino (GIX)

Neste espazo atoparás información sobre orientación e asesoramento sobre dúbidas na elección do teu futuro académico ou profesional, informarte sobre axudas e bolsas.  Na Omix  temos un fondo documental nesta área.

O Sistema Educativo Galego ven da man da Lei Orgánica de Educación  LOE do 6 de abril do 2006. Segundo esta lei temos dous tipos de ensinanzas:    

Réxime Xeral:

Educación infantil: estudos de carácter voluntario e comprende ata os 6 anos. No concello de Gondomar temos:

  • Escola Infantil San José  Borreiros: de 0 a 6 anos, concertada 986.352.995
  • Escola Infantil  a Galiña Azul Gondomar: 0-3 anos pública 986.389.535
  • Escola unitaria de Mañufe: 0-3 anos pública 986.360.534
  • Colexio Rural agrupado Antía Cal: 0-3 pública 986.360.964

Educación Primaria: estudos de carácter obrigatorio dos 6 ao 12 anos. No concello de Gondomar temos catro centros de educación Primaria.

Educación Secundaria Obrigatoria (ESO): consta de catro cursos organizados en dous ciclos e abarca dos 12 ao 16 anos. Unha vez rematada a ESO o alumno percibe o título de Graduado en Educación Secundaria. Temos dous centros no concello de Gondomar:

Bacharelato: este é o último ciclo da educación secundaria é de carácter voluntario e comprende dous cursos. O Bacharelato pode cursarse en centros de educación secundaria públicos ou privados, en quendas diúrno ou nocturno e a distancia. Unha vez rematado o alumno obtén o Título de Bacharelato  que o posibilita a o acceso a os  estudos Universitarios, que no novo Plan Bolonia ( poder ir a enlace www.mecd.gob.es/boloniaeees/que.html) pasan a Grao  tras unha proba( selectividade) ou a un módulo de formación profesional de grao superior ou tras outra proba a estudos superiores de ensinanzas artísticas.

Formación Profesional: Seu obxectivo é preparar os/as alumnos/as para un traballo cualificado nun determinado campo profesional. Existe formación de grao superior e medio. Os módulos de grao medio se pode acceder a través da ESO e os graos superiores é necesario o título de Bacharelato. No concello de Gondomar non existen centro educativo que imparta formación profesional o máis cércano é o IES  Escolas Proval que imparte FP na rama administrativa e electrónica, así como , ensinanza secundaria de adultos.  www.edu.xunta.es/centros/iesescolasproval/

Cartel informativo oferta ciclos formativos en Galicia: 

www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp

Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI);  programas dirixidos ao alumnado maior de dezaseis anos que non obtivesen o título de graduado en Educación Secundaria obrigatoria e excepcionalmente ao alumnado maior de 15 anos para favorecer a súa inserción social, educativa e laboral. O alumnado que supere os módulos específicos e os formativos obterá  un certificado de profesionalidade de nivel 1. O que supere ademais os módulos voluntarios obterá tamén o título de Graduado en Educación secundaria obrigatoria. Máis información en www.edu.xunta.es/fp/oferta-pcpi

Probas de Acceso a Universidade: A comisión interuniversitaria de Galicia e a que pon en marcha as probas para PAU (selectividade), acceso universidade maiores 25, maiores 45. Máis informaciónhttp://ciug.cesgaes

Estudos Universitarios: títulos universitarios oficiais, con validez no territorio nacional. Son títulos propios establecidos polas universidades en virtude da súa autonomía. Os créditos son as unidades de valoración das ensinanzas universitarias. Un crédito son 10 h. de ensinanza teórica-práctica.  Universidades da comunidade Autónoma de Galicia:

Réxime Especial: 

Ensino a distancia: oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, asegurando que as persoas adultas adquiran, actualicen , complementen ou amplíen os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional . Adultos son todas as persoas maiores de 18 anos que abandonaron o sistema educativo  sen unha titulación básica e que desexen adquirila.  Onde :

Centros Epa:espazos  con recursos e materiais destinados exclusivamente á ensinanza de persoas adultas. Os Epa máis cércanos están en Vigo e son; EPA Berbés 986.225579  e EPA Radio ECCA 986.227.315 Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Centros ordinarios con ensinanzas de adultos: centros ordinarios autorizados para impartir determinadas ensinanzas de adultos. Para adquisición da ESO no Val Miñor están autorizados CPI Covaterreña  www.edu.xunta.es/centros/cpicovaterrena  e o IES Escolas Proval www.edu.xunta.es/centros/iesescolaproval/

Listado centros EA en Galicia: www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXFP/adultos/CENTROS.pdf

  

Ensinanza de idiomas:  As escolas oficiais de idiomas son os centros docentes públicos nos que se ofrecen contextos para aprendizaxe do maior número posible de idiomas e para a súa práctica. Nos estudos dun idioma estranxeiro existen tres niveis Básico, Intermedio e Avanzado. As escolas de Idiomas na Provincia de Pontevedra son:

   EEOOII Pontevedra

Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra

Rúa Celso Emilio Ferreiro (Campus A Xunqueira) - 36005 Pontevedra
Teléfono: 986 83 30 18
Fax: 986 87 39 70
Enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Páxina web: www.edu.xunta.es/centros/eoipontevedra

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía

R/ Entrante, 7 - 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 986 56 64 40
Fax: 986 56 64 50
Enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Páxina web: www.eoivga.org

Escola Oficial de Idiomas de Vigo

Avda. Emilio Martínez Garrido, 17 36205 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986 26 02 61
Fax: 986 26 25 99
Enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Páxina web: www.eoidevigo.org

Oferta educativa en deportes: As ensinanzas deportivas teñen por finalidade a formación de técnicos na ensinanza ou adestramento dos deportes.

Ensinanzas artísticas:   comprenden os estudos relacionados coas artes plásticas, os oficios artísticos, a conservación e restauración de bens culturais e o deseño nas súas diversas modalidades.

  • Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño: En Vigo Centro Autorizado de Arte Aula D imparte; Gráfica publicitaria e Proxectos e dirección de obras e decoración e Arte Atlántico imparte: Engastado e Procedementos xoiaría artística
  • Ensinanzas de arte dramático: Escola Superior de Arte dramático de Galicia  986.214.755 www.esadgalicia.com
  • Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais
  • Ensinanzas de danza: En Vigo Centro Elemental e Profesional  de Danza Coppelia 986.222.930 ; Centro Profesional de Danza Mayeusis 986.226.378
  • Ensinanzas superiores de deseño
  • Ensinanzas de música. Conservatorio Elemental de Gondomar 986.389.283; Conservatorio Profesional de Tui 986.603.625; Conservatorio Profesional de Vigo 986.213.395 http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalvigo/ ;Conservatorio Superior de Vigo 986.471.144 http://centros.edu.xunta.es/cmussuperiordevigo/

Maís información ensinanzas artísticas en: www.edu.xunta.es/web/node/2535

Enlaces de interese:

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: www.edu.xunta.es