Gondomar súmase aos concellos que ofrecen axuda solidaria a Ucraína
O concello de Gondomar súmase aos concellos que nas últimas horas ofrecéronse en Galicia para organizar puntos de recollida de axuda para o pobo de Ucraína así como a poñer disposición vivendas para a acollida de posibles refuxiados que poidan chegar ata a comunidade autónoma.
O alcalde do municipio, Paco Ferreira, cualificou de “terrible e inconcibible a situación que estamos a vivir ante a invasión de Ucraína por parte de Rusia, algo que non nos podiamos nin imaxinar en pleno século XXI” e sinala que “é agora onde as administracións deben demostrar que están aí, e Gondomar estará aí axudando na medida do posible”.
Por esta razón desde o departamento de Benestar Social coordinarase a recollida de produtos de primeira necesidade para facer chegar aos lugares onde sexan máis demandados.
Punto de recollida
O Centro de Desenvolvemento Local (CDL) establecerase como punto de recollida de todo o material que a veciñanza de Gondomar queira achegar, co seguinte horario: os luns de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas,e, de martes a venres en horario de mañá de 10.00 a 13.00 horas.
Produtos de hixiene persoal, alimentos non perecedoiros (conservas e leites para bebés), mantas e roupa de abrigo, cueiros e medicamentos ( vendaxes, Betadine, alcol, xiringas, auga osixenada, antiquemadurasl…) son os máis necesarios neste momento.
Para máis información poden chamar aos teléfonos :
986 360168- 609 587 851 ou non correo [email protected]