Data Domingo 23 Abril 2023
Hora 19:00h
Lugar Auditorio Lois Tobío
Prezo 0 € ata completar aforo con entrada previa
Público Infantil
Idioma Galego
Duración
Programación escénica en Rede Galega de Teatros e Auditorios en convenio con AGADIC
A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria.
Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela. A poucas persoas lles acaen ben os grans na cara pero para uns ladróns resulta desastroso. Tomaría vostede en serio un ladrón con graíños? Pois non, parece ser a resposta máis obvia; así que os ladróns deben atopar unha solución para o seu problema, pero non teñen nin idea de onde buscala.
Por se todo isto fora pouco un tremor de terra ven a complicalo todo.
Ⓒ2023 | Concello de Gondomar | Praza Doctor Latino Salgueiro, 1, 36380