Search

Obradoiro de teares e textil artesanal

A Asociación Galega de Artesáns Tradicionais, en colaboración coa Fundación Pública Artesanía de Galicia e o Concello de Gondomar, con motivo dos Días Europeos da Artesanía, celebra no Centro de Desenvolvemento de Gondomar un oboradoiro de teares para que as persoas interesadas poidan tomar contacto con eles, coñecer as principais ferramentas e materiais e, ser partícipe da historia e presente do oficio téxtil en Galicia.

 

Datas e horarios

27 de marzo – de 16:00 a 20:00 horas

28 de marzo – de 16:00 a 20:00 horas

29 de marzo – de 16:00 a 20:00 horas

30 marzo – de 16:00 a 20:00 horas

31 de marzo – de 16:00 a 20:00 horas

1 de abril – de 10:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas

 

As persoas interesadas en participar deben chamar previamente ao 627908583 para coñecer os horarios dispoñibles nos que poder participar.

Máis información dos Días Europeos da Artesanía: AQUÍ

The event is finished.

Date

Mar 27 2023 - Abr 01 2023
Expired!

Lugar

Centro de Desenvolvemento de Gondomar CDL
Gondomar
Category